o noso proxecto
Aspecto físico
-
Eliximos como material constructivo para o noso fogar a madeira, pois a saúde comeza xa na casa onde habitas.
-
Damos prioridade á alimentación sana, ofrecendo produtos frescos, naturais e na medida do posible ecolóxicos.
-
Estamos nun espazo natural privilexiado para poder pasear e vivir na natureza. A todo isto súmase o poder disfrutar tamén de masaxes e terapias naturais para unha mellor saúde e benestar.
Aspecto mental
Partimos do coñecemento individualizado do residente e, en consecuencia, a atención será integral e individualizada. Así mesmo, haberá distintos ámbitos de actuación para mellorar o desenvolvemento tanto cognitivo como social, ofertando talleres que desperten á creatividade.
Aspecto emocional
A EMOCIÓN PRECEDE AO PENSAMENTO (Joseph Ledoux, neurocientífico).
Entre o sentir e o pensar, a emoción guía ás nosas decisións. Por iso, promoveremos actuacións que axuden a regular estados de ánimo, incrementar a confianza nun mesmo, nos demais e na propia vida.
O importante é A CALIDADE DE VIDA.
a nosa filosofía
Na ancianidade disminúen as nosas capacidades físicas, pero non así as nosas capacidades emocionais e, en moitos casos, as relacionadas coa consciencia.
A deterioración da mente humana producida pola vellez, habitualmente, ten a súa raíz nun sistema de crenzas onde se identifica ao maior coa inutilidade e a discapacidade, e é que o SER SOCIAL que construímos dá paso a esta idea xurdida dun materialismo exacerbado (dáse prioridade ao TER no canto do SER).
Empoderemos ao MAIOR, ese é o noso reto.